EQUIPAMENTOS
Malpica pide apoio a Educación para mellorar os colexios Milladoiro e Joaquín Rodríguez
No centro da capital local precisan dun ascensor e no de Buño cambiar as fiestras

Eduardo Parga, esquerda, e Román Rodríguez na xuntanza mantida en Santiago. / Cedida
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, trasladou ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, a necesidade de acometer sendas melloras no CEIP Milladoiro e no CEIP Joaquín Rodríguez, de Buño.
No primeiro caso «é necesario renovar o ascensor, pois despois de anos facendo mantemento por parte do Concello, agora os custos do arranxo aconsellan un cambio, e iso xa lle corresponde á Xunta», sinalou o rexedor. O orzamento presentado ao conselleiro ascende a 36.000 euros.
Pola súa banda, no CEIP de Buño «hai que renovar as fiestras da parte traseira do segundo andar, pois teñen máis de 40 anos e filtran aire e humidade», sinalou Parga. Neste caso o custo estimado é duns 29.000 euros.
«Non son grandes investimentos, pero si son moi necesarios, e o conselleiro así o entendeu e quedou de avaliar a forma de afrontalos», engadiu.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre