Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día Internacional das Mulleres Rurais 2025

«As mulleres rurais merecen ser recoñecidas»

Na comarca Melide existe unha asociación de máis de 900 integrantes que loita polos dereitos deste colectivo

Algunhas das socias da asociación melidense

Algunhas das socias da asociación melidense / ECG

Melide

Lembrar e pór en valor o papel da muller no rural é fundamental non só na súa efeméride, senón durante todos os días do ano. E é que esta figura non sempre viu recoñecido o seu traballo e a súa contribución no campo e na produción agrogandeira.

Na maioría dos casos, malia á súa importancia, o seu labor estaba, e incluso segue estando, invisibilizado, polo que debe enfrontarse a grandes desafíos como a falta de recursos ou a dificultade de acceso á propiedade da terra.

Por razóns como estas nacen entidades como a Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide, un colectivo formado por máis de 900 mulleres que, ademais de actuar como altofalante dun sector, loita pola melloras dos dereitos das mulleres en todos os ámbitos.

«Para esta data decidimos facer unha gran xuntanza entre socios e directivos para reflexionar e debater sobre a situacións que estamos a vivir», explica a presidenta da asociación, Aurora Fernandez.

Día Internacional da Muller Rural 2025

Día Internacional da Muller Rural 2025

Día Internacional da Muller Rural 2025

«As mulleres rurais merecen ser recoñecidas e aínda quedan moitas cuestións que lle atinan que se poden mellorar. Hai lugares nos que por exemplo non poden ter conexión a Internet nos seus fogares», sinala.

Tracking Pixel Contents