Día Internacional das Mulleres Rurais 2025
Dodro busca refundar a Asociación Malvalila
A primeira reunión coas mulleres interesadas en volver a poñer en funcionamento a entidade foi próspera

Anteriores socias da asociación dodrense. / CEDIDA
Nunha data tan especial como o Día Internacional das Mulleres Rurais, o Concello de Dodro non puido amencer cunha nova mellor que a máis que posible refundación da Asociación Malvalila, unha entidade que estivo en funcionamento dende o ano 2008 ata o 2020 desenvolvendo actividades de todo tipo, pero que viu truncada a súa operatividade coa chegada da pandemia.

Anteriores socias da asociación dodrense. | CEDIDA
Con todo, os dodrenses sempre tiveron presentes as raíces que sementaron esas mulleres para manter con vida e ánimo o municipio e garantir os sorrisos das veciñas, polo que o Concello, coa colaboración da xente que desexe coller o bastón da loita pola igualdade e de ofrecer novas iniciativas dirixidas ás mulleres de Dodro, decidiron que tiñan que volver a dar vida á Asociación Malvalila.

Día Internacional da Muller Rural
Día Internacional da Muller RuralDeste xeito, segundo explica Isabel Queiruga, unha das socias da entidade, organizaron unha primeira reunión coas novas socias para perfilar as ideas e actividades que buscarán ofrecer nesta nova andadura. «A poboación de Dodro é dispersa, por iso é importante organizar talleres ou saídas para que as mulleres poidan entreterse dalgunha maneira», indica Queiruga
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego