Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sete concellos da área compostelá aspiran este ano ás distincións do movemento Vilas en Flor

Dous membros do xurado visitaron A Laracha, que aspira a revalidar ou mesmo mellorar as tres Flores de Honra obtidas nas dúas últimas edicións

O concelleiro de Medio Ambiente da Laracha, José Ramón Martínez, á dereita, cos membros do xurado.

O concelleiro de Medio Ambiente da Laracha, José Ramón Martínez, á dereita, cos membros do xurado. / Concello da Laracha

A Laracha

Corenta e un municipios galegos, aspiran este ano a recibir as Flores de Honra do movemento Vilas en Flor. Entre eles figuran sete concellos da Área de Compostela: A Laracha, Carballo, Ponteceso, Vimianzo, A Estrada, Lalín e Caldas de Reis. Os galardóns recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.

Dous membros do xurado, Jorge Prieto e Manolo Fontán, visitaron esta semana A Laracha co obxectivo de coñecer as actuacións desenvolvidas para a posta en valor dos espazos verdes públicos municipais e obter a información precisa que lles permitirá avaliar a candidatura do Concello para o certame deste ano, no que aspira a revalidar ou mesmo mellorar as tres Flores de Honra obtidas nas dúas últimas edicións. Estiveron acompañados polo tenente alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito.

Visitaron a urbanización Monte Claro, en Cabovilaño, onde este ano se creou un novo macizo floral, o Castro de Montes Claros, os paseos fluviais do Anllóns e do Vilán, a área recreativa de Gabenlle, a praza da Areosa de Vilaño, o campo da feira de Paiosaco e os parques Maximino Canedo e O Recreo da capital municipal.

Tracking Pixel Contents