A Pobra organiza un Obradoiro de Samaín para favorecer a conciliación familiar e laboral
A actividade desenvolverase nas instalacións do CEIP Salustiano Rey Eiras os días 31 de outubro e 3 de novembro
O prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto ata o martes 28 de outubro

Nenos nun recreo cultural celebrando o Samaín. / BERNABE/JAVIER LALIN
O Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha, a través da concellaría de Igualdade, unha nova edición do Obradoiro de Samaín, dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria. A actividade desenvolverase nas instalacións do CEIP Salustiano Rey Eiras os días 31 de outubro (Día do Ensino) e 3 de novembro, en horario de 09:00 a 14:00 horas, con posibilidade de acceso ás 10:00 horas para quen o precise. Ademais, tamén haberá dispoñibles servizos de madruga e comedor.
A iniciativa busca favorecer a conciliación da vida laboral e familiar durante estas dúas datas non lectivas, ofrecendo ao mesmo tempo un espazo lúdico e educativo para a rapazada centrado na temática de terror.
O prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto ata o martes 28 de outubro. O trámite deberá realizarse entregando o documento correspondente a través da sede electrónica municipal, no rexistro do Concello ou directamente no departamento de Igualdade.
Prezos de inscrición
O importe de inscrición é de 10 euros, cun desconto de 50 % para o segundo irmán ou irmá e gratuidade a partir do terceiro.
Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto co departamento de Igualdade a través do correo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono 981 832 764 (ext. 6).
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre