Día Internacional das Mulleres Rurais 2025
Vimianzo usa o cine para reivindicar a muller rural
O auditorio municipal acollerá a proxección do filme ‘Los Destellos’, de Pilar Palomero, ás 19.00 horas

Unha das escenas da película. | LOS DESTELLOS
ECG
O día de hoxe, 15 de outubro, non é unha data calquera, pois celebrase o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha cita que enxalza a profunda relevancia deste importante colectivo e que moitos municipios aproveitan para poñer en marcha iniciativas orixinais para visibilizar o seu labor.
Un deles é Vimianzo, que non quixo deixar pasar a ocasión para reivindicar a súa figura participando no VIII Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, unha mostra de cine itinerante na que se proxectan películas protagonizadas por mulleres que viven nos espazos rurais para destacar o seu papel vertebrador, social e económico tanto en grandes cidades como en pequenos pobos a través da gran pantalla.
Deste modo, previse proxectar esta tarde, a partir das 19.00 horas no auditorio municipal da capital de Terras de Soneira, o filme Los Destellos, dirixido pola cineasta Pilar Palomero.

Día Internacional da Muller Rural
Día Internacional da Muller RuralDesde o Concello sinalan que é «unha honra formar parte, un ano máis, dun proxecto nacional tan importante e no que se reivindica o papel das mulleres rurais». Engaden ademais que «o cine é unha ferramenta moi poderosa e agrádanos empregala para poder poñer en valor algo tan importante».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo