Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día Internacional das Mulleres Rurais 2025

Mulleres que sementan futuro en Val do Dubra

O seu día a día no rural, transmitido ao longo de xeracións, é imprescindible para o benestar do sistema

Dubresas gozando da música das pandeiretas. | CEDIDA

Dubresas gozando da música das pandeiretas. | CEDIDA

Val do Dubra

En Val do Dubra, o latexo da vida sempre tivo acento de muller. Aquelas que traballaron arreo na terra, no gando e no fogar, que fixeron posible o sustento das familias e a continuidade das aldeas. Mulleres que, sen facer ruído, levantaron un mundo enteiro coas súas mans, co esforzo diario e coa sabedoría herdada das súas nais e avoas.

Foron e son as verdadeiras arquitectas do rural: coidaron hortas, criaron animais, amasaron pan e tamén atoparon tempo para rir, cantar e celebrar a vida. Nas feiras, como as Feiras do Abril, eran protagonistas silenciosas vendendo produtos, intercambiando consellos, axudándose unhas a outras e mantendo viva a economía local cando apenas se falaba de igualdade ou dereitos.

As súas historias, transmitidas de boca en boca, falan de resistencia e comunidade. Mulleres como Manola de Parente, Carmen do Curro ou Lola da Rocha representan a memoria viva dun tempo no que o esforzo cotián era tamén unha forma de amor. A través delas recoñecemos a todas as dubresas que fixeron da súa vida unha semente.

Día Internacional da Muller Rural

Día Internacional da Muller Rural

Día Internacional da Muller Rural

Hoxe, no Día da Muller Rural, Val do Dubra rende homenaxe a todas esas mulleres traballadoras que deron e seguen a dar vida á nosa terra.

Tracking Pixel Contents