Concentración en Cee en solidariedade co pobo palestino
O acto, convocado pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina e apoiado polo BNG Costa da Morte, sumouse ás mobilizacións convocadas en todo o país coincidindo cos paros laborais da CIG en denuncia do xenocidio en Palestina

Concentración do mércores 15 de outubro / Cedida
Coincidindo cos paros laborais convocados pola CIG para denunciar o xenocidio en Palestina, a Praza 8 de Marzo de Cee acolleu este mércores, 15 de outubro, unha concentración de apoio ao pobo palestino. A iniciativa foi convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina e contou co apoio do BNG Costa da Morte, no marco dunha xornada de mobilización internacional en defensa dos dereitos do pobo palestino.
Durante o acto deuse lectura a un manifesto no que se denunciou que a recente sinatura da chamada «paz» no Cairo «non é máis que unha representación ao servizo do imperialismo» e que «non responde aos acordos reais da Resistencia palestina». Segundo se destacou, o cambio de postura dalgúns gobernos occidentais «non obedece a unha toma de conciencia sobre a brutalidade da ocupación, senón á presión social e á firme resistencia do pobo palestino».
A Coordenadora lembrou que, desde outubro de 2023, promoveu máis de mil concentracións e catro manifestacións nacionais en distintos puntos de Galicia, convertendo a solidariedade coa Palestina nun movemento sostido e amplamente estendido por todo o país. A última mobilización nacional, celebrada en Compostela, foi cualificada como «a maior manifestación internacionalista da historia de Galicia».
No manifesto insistíuse en que a fin desta fase do conflito «non resolve o problema de fondo, que é a ocupación da Palestina desde hai case oito décadas», e advertiuse de que a comunidade internacional «pretende agora normalizar de novo a existencia do Estado de Israel». As persoas concentradas reiteraron o compromiso de continuar denunciando a agresión ao pobo palestino, reclamando a persecución dos responsábeis políticos do xenocidio, o fin da complicidade dos gobernos occidentais e da UE, e a ruptura de todas as relacións diplomáticas e económicas con Israel.
Tamén se instou á Xunta de Galiza a «deixar de normalizar o Estado de Israel a través de acordos comerciais e patrocinio institucional que envergoñan o noso pobo», ao tempo que se apelou á cidadanía a manter a mobilización social e a presión popular en apoio á Palestina.
O acto pechouse coa lectura do lema que resume o sentir da convocatoria: «Galiza con Palestina! Do río ao mar, Palestina vencerá.»
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo