Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Festival Comarea volverá a encher Muxía de música e cultura do 4 ao 7 de decembro

Nos vindeiros días darán a coñecer o cartel completo de espectáculos e estará dispoñible a venda de entradas para os concertos de pago

Un dos concertos da pasada edición do evento musical en 2024.

Un dos concertos da pasada edición do evento musical en 2024.

Muxía

O Festival Comarea volverá a Muxía do 4 ao 7 de decembro con concertos, faladoiros, obradoiros e outras moitas actividades que terán lugar en distintos espazos da vila. O evento continuará estendendo o cometido co que naceu no 2015: construír unha escena cultural local, integradora e aberta, na Costa da Morte.

Nos vindeiros días darase a coñecer o cartel completo de espectáculos, con nomes de dentro e fóra de Galicia, e as actividades paralelas que encherán un programa coa mirada posta no territorio. Proximamente, tamén estará dispoñible a venda de entradas para os concertos de pago, xa que, como cada ano, unha parte do programa será de pago e outra de acceso libre. 

Dende a organización do festival, aseguran que esta iniciativa "é un manifesto a favor da cultura no rural, demostrando que se poden crear experiencias de calidade fóra das grandes cidades".

Unha experiencia que vai máis alá da música

En pasadas edicións subíronse aos seus escenarios artistas da talla de Dennis Ferrer, Carl Craig, Anna, Cora Novoa, Fernando Costa ou Guts. Con Comarea tratan de impulsar unha "experiencia integral que vai máis alá da música", ofrecendo distintas propostas como obradoiros infantís para fomentar inquedanzas culturais dende a infancia; accións medioambientais, como limpeza de praias e obradoiros; faladoiros culturais sobre temas relacionados coa Costa da Mortegastronomía local, con postos de restauración de cómida típica para poñer en valor o potencial dos produtos galegos.

Tracking Pixel Contents