O Concello de Boiro inicia a segunda pasada da campaña de desbroces en todo o termo municipal
Os traballos, que se realizan de forma progresiva en todas as parroquias, prolongaranse durante tres meses e céntranse nas zonas con maior necesidade de visibilidade e mantemento

A concelleira de Medio Ambiente, Olga González, e o concelleiro de Medio Rural, Francisco Bermúdez, supervisando os traballos feitos na parroquia de Abanqueiro / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Boiro iniciou a segunda pasada da campaña de desbroces nas diferentes parroquias do municipio. A concelleira de Medio Ambiente, Olga González, e o concelleiro de Medio Rural, Francisco Bermúdez, supervisaron esta mañá os traballos no lugar de Graso, na parroquia de Abanqueiro, onde nestes días se están a realizar as primeiras intervencións desta nova fase.
Os desbroces desenvolveranse de maneira progresiva en todo o termo municipal, dando continuidade á primeira pasada efectuada o pasado mes de maio, antes do inicio da época estival. Está previsto que esta segunda fase da campaña se prolongue durante uns tres meses.
As tarefas lévanse a cabo en vías, pistas e camiños de titularidade municipal, combinando traballos mecánicos e manuais para adaptarse ás características de cada zona. O Concello sinala que se incide especialmente nos puntos onde a maleza pode supoñer un risco para a seguridade viaria, mellorando a visibilidade de condutores e peóns.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito