O PSdeG reclama máis profesorado de apoio e recursos educativos para os colexios de Rianxo
Os socialistas denuncian a falta de especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe e propoñen unha visita da Comisión de Educación para comprobar a situación dos centros

Aitor Bouza / Cedida
El Correo Gallego
O Grupo Parlamentario Socialista reclamou hoxe no Parlamento de Galicia un reforzo urxente do profesorado de apoio nos tres centros públicos de Rianxo —o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, o CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña e o CEIP Ana María Diéguez de Asados— ante a falta de persoal especialista para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEAE).
A iniciativa foi presentada polos deputados Julio Abalde e Silvia Longueira, e defendida polo portavoz socialista de Educación, Aitor Bouza, quen esixiu á Consellería de Educación que dote estes centros de máis profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL), ademais de garantir os desdobres de aula necesarios e a creación dun departamento de orientación propio con persoal a tempo completo.
Bouza explicou que no CEIP Ana María Diéguez existen 13 estudantes que precisan atención de PT, o que supón 75 horas semanais, pero só se imparten 34, «un 45 % do necesario». No CEP Brea Segade, engadiu, «é urxente contar cun especialista de Audición e Linguaxe a tempo completo, xa que só dispoñen de media xornada», mentres que no CEIP Ana María Diéguez «só se imparten 16 horas de AL das 43 necesarias».
O parlamentario advertiu tamén da masificación nas aulas, con ratios que superan os límites acordados cos sindicatos, como no caso de 4º de Primaria, con 26 alumnos —tres deles con NEAE—, o que incumpre a normativa vixente.
O portavoz socialista propuxo ademais que a Comisión de Educación do Parlamento realice unha visita institucional aos centros de Rianxo para «ver a masificación e as necesidades reais» e instou ao PP a «escoitar á comunidade educativa» e «rectificar a súa postura» rexeitando os recortes e apoiando o reforzo do profesorado de apoio.
O PSdeG pide á Xunta que reverta a actual situación, aumente o número de docentes especialistas e garanta unha atención educativa de calidade para todo o alumnado con necesidades especiais.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo