O parque infantil da carballesa Praza do Outeiro contará cun gran carballo de seis metros de alto como peza central
A árbore, formada por oito poliedros, albergará xogos como escalada, reunión, paneis lúdicos, elementos transpasables, trepa e un tobogán-túnel

Imaxe das obras do elemento central do parque. / Cedida
As obras do novo espazo de xogos da Praza do Outeiro están a piques de rematar. O proxecto, enmarcado no programa de Carballo para a infancia, ten como elemento central un gran carballo de seis metros no que os nenos e nenas de catro a catorce anos poderán xogar e que xa está case construído.
A peza, que pode acoller un máximo de vinte cativos ao mesmo tempo, ten unha enorme copa formada por oito poliedros independentes, pero unidos entre si, que albergarán distintos xogos: escalada, reunión, paneis lúdicos, elementos transpasables, trepa... e un tobogán-túnel de 3,75 metros de alto. A árbore, igual que o trolebús do Rego da Balsa, terá iluminación nocturna.
Con esta instalación preténdese dotar á zona dun elemento lúdico con gran capacidade, revalorizar a oferta de equipamento infantil e crear unha peza icónica que realza a identidade do municipio e se complementa cos dous carballos naturais existentes na praza.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito