Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boqueixón recibiu 11,7 millóns en dez anos dunha Deputación que colabora coa Festa da Filloa

Este municipio contará con 1.215.584 euros no vindeiro Plan de Obras 2025

O presidente Formoso esixiu da Xunta que eleve o Fondo de Cooperación

Ovidio Rodeiro, cuarto pola esquerda, con Formoso, quinto, e edís de Boqueixón.

Ovidio Rodeiro, cuarto pola esquerda, con Formoso, quinto, e edís de Boqueixón. / Deputación

Boqueixón

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou o concello de Boqueixón, onde se reuniu co alcalde, Ovidio Rodeiro Tato, e cos membros da Corporación para analizar os investimentos da institución provincial no municipio e estudar novas liñas de colaboración. En concreto, co POS+ recibirá 1.215.584 euros, e Festa da Filloa de Lestedo contará con 30.000 €.

Hai que lembrar que durante a última década, a Deputación destinou máis de 11,7 millóns de euros a Boqueixón, dos cales 7 millóns proceden do Plan Único, co que se financiaron 52 obras e centos de servizos públicos que melloran a vida da veciñanza. Entre as actuacións realizadas destacan as melloras en estradas e camiños municipais (como os de Lamas, Pazos, Cruceiro de Pousada ou Loureda), así como proxectos en alumeado público, redes de saneamento, abastecemento de auga e a reparación do parque infantil de San Vicente de Boqueixón.

Formoso incidiu tamén en que os investimentos da Deputación nos 93 concellos coruñeses superan este ano os do Fondo de Cooperación Local da Xunta, e reclamou ao Goberno galego que eleve este fondo ata os 200 millóns de euros «para reforzar o financiamento municipal».

No marco da visita institucional, Formoso e Rodeiro asináron o convenio para o financiamento da Festa da Filloa, aportando a Deputación 30.000 euros dos 37.000 que custa o evento da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo.

Por último, tamén estudarase a colaboración para financiar unha senda na única estrada provincial, a DP-1201. En concreto, a actuación proxectada tería lugar no PK 2+250, no entorno da intersección desta estrada co viario municipal e o campo da festa de O Forte e aproveitaría o antigo trazado da citada estrada provincial (actualmente en desuso) para convertelo nun paseo peonil,

Tracking Pixel Contents