O PSdeG de Muxía reclama adicar recursos provinciais os colexios
Os socialistas instan ao goberno local a destinar os fondos provinciais á limpeza, conserxería e obras útiles para a veciñanza

Reunión entre o Deputado e portavoz provincial dos socialistas Bernardo Fernandez Piñeiro e os concelleiros Iago Toba (portavoz) e Felipe Vilela nas dependencias da Deputación da Coruña / Cedida
El Correo Gallego
O PSdeG de Muxía, representado polo seu portavoz Iago Toba e o concelleiro Felipe Vilela, mantivo hoxe unha reunión na Deputación da Coruña co deputado e secretario xeral provincial do PSdeG, Bernardo Fernández Piñeiro, para tratar a situación dos servizos de limpeza e conserxería nos centros educativos do municipio.
A problemática xurde tras a decisión do goberno local de Javier Sar, co apoio de PP e BNG, de rescindir o contrato de limpeza existente, deixado polo anterior executivo liderado por Iago Toba, así como a ausencia de contratos específicos para conserxería. Segundo os socialistas, esta medida afectou de maneira significativa a calidade dos servizos nos tres colexios de Muxía.
Na reunión, Toba trasladou ao deputado provincial a intención do grupo socialista de instar ao goberno local a que adique parte dos aproximadamente 250.000 euros que a Deputación da Coruña envía a Muxía «á contratación de persoal de limpeza e conserxería e á realización de obras que beneficien á veciñanza».
O portavoz socialista criticou o uso de recursos do concello en actividades que, segundo afirma, non responden a necesidades básicas dos cidadáns e subliñou «na etapa na que gobernamos nós, os cartos do Plan de Obras e Servizos eran nun 95% adicados a obras nos núcleos rurais e no propio núcleo muxián».
Toba insistiu tamén en que «esixímoslle ao goberno da moción de censura de Javier Sar e Sandra Vilela que se deixen de festas e lupandas e que adiquen os cartos que envia a Deputación a solucionar os problemas reais dos muxiáns e muxiáns».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego