A oposición popular arzúa reclama que se repare a Ponte de Maroxo rota fai un ano
Acusa ao Goberno local de rexeitar a súa moción, e cre que nin se remitiu a memoria a Augas
O alcalde Carril asegura que a Xunta xa ten o proxecto, por 311.000 euros, pero faltan os cartos

Concelleiros do PP arzuán e veciños co burato da Ponte de Maroxo detrás / PP
O PP de Arzúa lamenta que o 22 de outubro se cumpra un ano dende o peche e posterior derrubo parcial da Ponte de Maroxo, sobre o río Iso. Por tal causa, esixe a súa reparación, e nega que o Concellon remitise memoria do proxecto a Augas de Galicia.
Este aspecto foi rexeitado polo alcalde Carril, quen asegura que non só remitiu xa ese proxecto á Xunta, senón que o seu importe elévase a 311.000 euros, polo que están intentando implicar a aoutras administracións para financialo .
A oposición lembra que os veciños sofren un problema crecente: só lles restan dous accesos, un deles pola Fonte Santa, con firme en mal estado e trazado perigoso, e outro por San Miguel, que supón un rodeo considerable. «A veciñanza xa protestou publicamente», di o PP, cuxa moción de arranxo urxente foi rexeitada.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre