A Pobra celebra o seu Xantar de Confraternidade con 750 veciños e veciñas
O evento reuniu á veciñanza do municipio e da comarca nunha xornada de comida, música e convivencia

Xantar de Confraternidade na Pobra do Caramiñal / Cedida
El Correo Gallego
O Xantar de Confraternidade volveu reunir hoxe a 750 persoas no pavillón Venecia, consolidándose como un dos eventos sociais máis importantes do municipio e da comarca. Segundo o alcalde, José Carlos Vidal, «este Xantar é un evento que funciona, desde hai tempo, como punto de encontro, de reunión e, sobre todo, de unión para a xente de aquí e a de fóra».
O rexedor destacou tamén a importancia do encontro para moitos asistentes, que aproveitan a ocasión «para rencontrarvos con xente á que veredes en contadas ocasións o resto do ano».
A concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, agradeceu o traballo de todas as persoas implicadas na organización e o apoio das empresas locais: «É unha enorme satisfacción compartir este xantar con todos e todas vós, que sodes unha parte fundamental da historia e da vida do noso municipio», sinalou, facendo fincapé no valor da convivencia e o coidado ás persoas.
O evento combinou xantar e música. O menú desta edición incluiu dous mariscos, peixe, carne e sobremesa, así como café e bebidas variadas. No apartado musical, o grupo Trécola animou a recepción dos comensais, mentres que Mar Davila Music puxo o toque final co baile, creando unha tarde de recordo para todos os participantes.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo