«Somos un concello rural que quere avanzar pero sen perder a nosa esencia»
A rexedora encara o treito final do seu segundo mandato tras un verán que lle trouxo «de sorpresa» a súa incorporción a Xunta Directiva do PP nacional

A alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, no seu despacho na Casa do Concello / CEDIDA

A alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, asegura que está disposta a petar nas portas que faga falta para buscar o financiamento que posibilite as obras que precisa un concello de poboación avellentada pero vivo no social e no económico, grazas, di a rexedora do PP, a unha veciñanza activa e implicada e ás 185 explotacións gandeiras, con 13.000 vacas, que constitúen o motor económico do municipio.
Que prioridades se marca para o que resta de mandato?
Imos intentar sacar adiante varios proxectos nos ámbitos da sanidade e da educación e nos que estamos pendentes das aportacións doutras administracións. Un dos máis urxentes é o arranxo do centro de saúde e o consultorio, que teñen problemas de humidades e filtracións de auga, sobre todo o de Agro do Mestre. Tamén me preocupa o mal estado da rede viaria. Temos unha superficie de 101 kilómetros cadrados e 600 kilometros de pistas e estradas, co que iso supón para un concello cun presuposto de catro millóns de euros.
Un orzamento axustado que se vai fundamentalmente, entendo, nos servizos sociais...
Así é. A meirande parte invístese no coidado dos nosos maiores, como en calquera concello cunha poboación envellecida, e noutros servizos que temos que prestar e que ás veces non son percibidos pola cidadanía. O Concello non ten débeda, pero a regra de gasto obríganos a ser moi prudentes.
«Levo persoalmente Servizos Sociais e é algo que me encanta, porque aí é onde ves que lle das unha vida mellor a moita xente»
Como está o proxecto para construír unha planta de biogás en Trazo que tanta preocupación xerou en boa parte da veciñanza?
Para empezar, non hai proxecto. Unha empresa, como tantas que veñen, falou con propietarios de terreos sobre a súa intención de instalar unha planta de biogás, pero, ao final, nin hai proxecto, nin hai terreos. A día dehoxe non hai nada. Nós non temos nada que ocultar. Epor iso promovemos a creación dunha comisión informativa na que estará unha persoa de cada partido e da plataforma veciñal que se opón a ese proyecto.
No seu día tamén suscitou polémica o proxecto dunha megaplantación de kiwis. Esa resposta tan rápida da veciñanza evidencia que hai unha preocupación porque Trazo poida perder a súa esencia de concello rural. Como se concilia esa resistencia co progreso económico?
Teremos que chegar a acordos e intentar preservar a nosa identidade. Trazo é un concello rural que quere avanzar e progresar, pero dentro dunha orde. Eu creo que todo é compatible co desenvolvemento económico.

A alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, ás portas da Casa do Concello / CEDIDA
Pero se unha empresa cumpre a lei, non se pode impedir que desenvolva o seu proxecto económico...
Si, e pode ser bo para o concello. En ningún momento dudamos diso.O que pasa é que, no caso da plantación de kiwis, a empresa xerou malestar porque empezou a cortar carballos, entre eles un exemplar centenario, moi emblemático. E, a maiores, preocupa o impacto visual que ten o proxecto. Pero se a empresa obtén os permisos necesarios, o Concello terá que darlle a licenza. Se non, prevaricamos. Iso sábeo todo o mundo.
Trazo rolda os 3.000 habitantes. Poden axudar as explotacións gandeiras radicadas no concello a gañar poboación?
Creo que neste momento superamos lixeiramente os 3.000. Estamos empadroando xente todos os días grazas ás explotacións gandeiras, que son o motor económico do concello. Vén taballar moita xente de fóra porque aquí non hai suficiente man de obra. Pero é unha poboación que oscila moito pola mobilidade de traballadores que hai. Son, sobre todo, latinoamericanos. Veñen a Trazo porque é un lugar cómodo para vivir e ben situado.
É a falta de vivenda un freo para a chegada de máis familias?
Ese é un problema que temos todos os concellos. Aquí hai gandeiros que mesmo arranxan vivendas para os traballadores e esa é unha maneira de asentar poboación. Pero hai moita resistencia a poñer as vivendas que están baleiras no mercado. Nós tentamos facer un labor pedagóxico para convencer os veciños das vantaxes que supón, pero a xente non quere. No que si destacamos é no fomento da natalidade, con axudas que multiplican por catro as que dan outros concellos veciños. E nos servizos sociais, con aula de alzhéimer e transporte para os usuarios ou con respiro familiar para maiores e persoas con discapacidade. Levo persoalmente esa área e é algo que me encanta, porque aí é onde ves que lle das unha vida mellor a moita xente.
Tamén destaca a partida para actividades en materia de igualdade. Detéctase unha necesidade nese sentido?
Niso sempre fomos por diante. Sempre vin que ás mulleres non se lle daba visibilidade, sendo un piar fundamental na economía do noso concello. Precisabamos facer algo con elas e responderon moi ben. Empezamos a facer encontros nas parroquias, abertos a toda a veciñanza, e funcionan moi ben. Era unha débeda histórica que tiñamos coas mulleres de Trazo. Agora están tirando moito do carro.
«Temos moitas explotacións e hai remuda xeracional. Niso estou tranquila»
Axuda a gobernar ter unha veciñanza activa?
Sen dúbida. Que a xente participe, que te chamen para dicirche: «Aquí fai falta isto», agradézoo moitísimo. Os que máis me axudan a gobernar son os veciños. Porque é un concello extenso e non podes chegar a todo, pero que a xente coopere é moi positivo.
Veciños implicados e empresas activas son a mellor combinación para que un concello progrese...
Se seguimos así non haberá risco de abandono, ao contrario do que pasa noutros concellos. E a clave é que hai remuda xeracional. Temos moitas explotacións e gandeiros cunha idade media moi nova, de 30 a 45 anos. Niso estou tranquila.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos