Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ANIVERSARIO

Francisca Prego súmase ao colectivo de centenarias da Laracha

No concello viven actualmente 9 mulleres e 2 homes con máis de 100 anos

Francisca Prego celebrando o seu 100 aniversario na Laracha.

Francisca Prego celebrando o seu 100 aniversario na Laracha. / C. L.

A Laracha

O Concello da Laracha felicitou a Francisca Prego Arcas, veciña de Curuxido (parroquia de Soandres), que na pasada fin de semana celebrou o seu 100 aniversario no Mesón A Taberna de Montemaior acompañada por parte da súa familia.

O alcalde, José Manuel López Varela, quixo sumarse a esta celebración e achegouse persoalmente para trasladarlle a felicitación e facerlle entrega dunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal. Tamén estiveron no acto o edil Manuel García e o párroco de Soandres, Manuel Mallo.

Francisca reside actualmente coa súa nora Amelia e dous netos. Tivo un fillo, é avoa de catro netos e bisavoa de cinco bisnetos. Dedicou a súa vida ao coidado do fogar e aos traballos agrícolas na horta familiar.

No concello da Laracha residen actualmente once persoas con máis dun século de vida, nove delas mulleres e dous homes.

Tracking Pixel Contents