DUMBRÍA
Os profesionais do mar demandan maior presenza nos órganos de decisión
Patróns maiores, mariñeiros, mariscadores e técnicos avaliaron a situación do sector

Xornadas do mar organizadas polo BNG no Ézaro, en Dumbría. / Cedida
As xornadas Presente e futuro do mar na Costa da Morte, organizadas polo BNG no Ézaro (Dumbría), xuntaron patróns maiores de confrarías, traballadores e traballadoras da pesca e o marisqueo, así como expertos técnicos na materia.
Os participantes concluíron que o sector precisa gañar representación en diferentes organismos para que sexan recoñecidos os dereitos dos profesionais do mar. Ademais, entenden que "actualmente as confrarías e as súas federacións, sobre todo estas últimas, non están trasladando a información nin exercen a representación dunha maneira adecuada", segundo os organizadores.
Salientaron ademais que a conexión entre o sector científico e pesqueiro "está rota, debido á toma de decisións políticas equivocadas, sendo necesario crear entidades comúns que supoñan unha colaboración directa".
Primitivo Pedrosa, mariñeiro e presidente de artes menores da confraría de Muros, afirmou que “o interese da clase política gobernante para o medio mariño non pasa polo sector pesqueiro e marisqueiro da nosa costa, así que temos que traballar para que esta tendencia cambie”.
Sinalou que a lentitude en resultados de probas, a mala adaptación das vedas, a tardanza en resolver propostas do sector, o desmantelamento de servizos como o ISM ou de entidades que dan os cursos, “tradúcese nunha carga económica para os produtores, algo que non é xusto”.
"O exceso de burocracia é un dos grandes escollos para o cambio xeracional; debería de existir unha figura de aprendiz para poder dar os primeiros pasos”, manifestou Pedrosa. Criticou tamén o sistema de cotas de capturas de diferentes especies, sinalando que “está pensado para a gran industria pesqueira e aplícano tamén na pesca artesanal, o que supón unha lousa moi pesada; temos que traballar por un marco lexislativo distinto que reflexe as necesidades da xente que vive do mundo do pesca”.
As xornadas estiveron estruturadas en tres mesas. Na primeira avaliaron a problemática do sector da pesca na Costa da Morte, e nela participaron Joaquín Fábregas, patrón maior de Fisterra; Iago Saboril, patrón de embarcación do palangre de Fisterra; e José Manuel Caamaño, patrón de embarcación de artes menores de Lira.
Na segunda mesa, analizaron a problemática dos recursos específicos na Costa da Morte, da man de Xosé Xoán Bermúdez, patrón maior de Camelle; Jacqueline Lista, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Camariñas; Santiago Pérez, presidente da Asociación de Profesionais Percebe da Barca, de Muxía; e Jacobo Louzán, mergullador da navalla e recolector de ourizos de Fisterra.
As propostas e conclusións protagonizaron a terceira mesa, na que os protagonistas foron Francisco Javier Varela Castro, secretario da confraría de Malpica; Pablo Pita, científico do CICA da Universidade da Coruña; Primitivo Pedrosa, presidente de artes menores da confraría de Muros; e Javier García Galdo, biólogo mariño e director técnico nunha empresa do sector.
A formación nacionalista sinalou a boa acollida das xornadas, que xuntaron a máis de medio cento de persoas entre o público, e que foron presentadas por Bieito Lobeira, membro da executiva nacional do BNG; Rosana Pérez, deputada de Mar do BNG; e Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal do BNG Costa da Morte.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago