TURISMO
Luz verde ambiental a un campamento turístico en Carballo
Ubicarase en Artes e contará con 30 cabanas con capacidade para 110 persoas

Plano de distribución do campamento de turismo proxectado en Artes. / Cedida
A Xunta de Galicia deu luz verde ambiental condicionada ao proxecto para implantar un campamento de turismo na parroquia de Artes, en Carballo, concretamente nunha parcela cunha superficie total de máis de 23.000 m2.
Segundo se conclúe no informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, non son previsibles efectos adversos significativos sobre a contorna derivados deste proxecto, sempre e cando se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada, como na propia resolución da Xunta.
Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que se someteu a consultas por parte dun total de dez organismos interesados.
Froito desas consultas, foron establecidos algúns condicionantes que se recollen na resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. O informe de impacto ambiental marca tamén o contido que deberá ter o programa de vixilancia e seguimento ambiental, que terá que elaborar o promotor do proxecto.
Características do proxecto
O obxecto do proxecto é a instalación dun campamento de turismo nunha parcela de máis de 273.134 m2, dos que 23.050 se destinarán ao desenvolvemento da actividade. O campamento localizarase no centro da parcela e estará composto por 30 cabanas prefabricadas e revestidas de madeira, con capacidade de aloxamento para ata 110 persoas, ademais dunha cabana destinada a recepción, tenda e lavandería.
As actuacións tamén contemplan a retirada da plantación de eucalipto e piñeiro presente na zona de acampada e a súa restitución por caducifolias autóctonas.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago