Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Nova cuberta para acabar coas humidades nos departamentos do porto de Fisterra

A Consellería do Mar investirá 330.000 euros nas melloras

Álvarez, esquerda, Villaverde e Insua no porto de Fisterra.

Álvarez, esquerda, Villaverde e Insua no porto de Fisterra. / X. G.

Fisterra

A Consellería do Mar prevé ter rematados os traballos de reposición da cuberta e acondicionamento do edificio dos departamentos para usuarios do porto de Fisterra na próxima primavera. Así o comunicou a conselleira, Marta Villaverde, nunha visita ao porto fisterrán, na que estivo acompañada polo alcalde, Luis Insua, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez.

Lembrou que o Consello da Xunta informou o pasado día 13 da adxudicación das obras, cun orzamento de 320.000 euros, IVE incluído, e informou de que onte asinouse o contrato coa empresa adxudicataria.

Os traballos consistirán na reposición da actual cuberta para evitar a filtración de humidades e o acondicionamento dos elementos metálicos do conxunto da envolvente, dado o estado de corrosión actual debido a súa forte exposición ao ambiente mariño. Ademais executarase unha nova rede soterrada de evacuación das augas pluviais e substituiranse os canlóns e baixantes.

Villaverde explicou tamén que procederase á instalación provisional duns contedores marítimos na contorna para dar servizo aos usuarios ata que rematen as obras, permitíndolles así proseguir coa súa actividade. O prazo de execución dos traballos, unha vez iniciados, será de cinco meses.

Tracking Pixel Contents