Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP de Ames "non entende" a exclusión do municipio da campaña de descontos nos comercios locais MercaNaVila

Denuncian que esta decisión "perxudica claramente ao comercio e aos veciños"

Non poden adherirse á iniciativa por superar a cifra de 20.000 habitantes

82 municipios coruñeses participan nesta campaña de bonos.

82 municipios coruñeses participan nesta campaña de bonos. / Cedida

Ames

O PP amesán mostrou a súa sorpresa e desconformidade nun comunicado ante a exclusión do municipio da iniciativa MercaNaVila, impulsada pola Deputación da Coruña. A organización resaltou que "non entende" como a campaña de bonos, con un desconto total de cen euros para utilizar nos comercios locais, deixou fóra ao Concello de Ames.

Desta maneira, o municipio únese á lista de non beneficiados con A Coruña, Santiago, Ferrol, Carballo Ribeira, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros ou Narón por incumprir a condición de ter menos de 20.000 habitantes.

"Non se entende que unha campaña pensada para axudar ó pequeño comercio deixe fora a dez municipios", indican, así como que a Deputación, presidida polos socialistas que tamén gobernan en Ames, "non poden entender que o comercio de Ames sexa distinto ó de Boiro, Noia ou Betanzos, xa que a quen se castiga non é ós veciños, que tamén, senón ós comerciantes aínda en maior medida".

"Competición desleal"

Condenan tamén que esta exclusión se faga "nos tempos que corren" nos que "se precisa de axudas e iniciativas deste tipo". O Partido Popular sinala que o que se fai con esta decisión "é crear unha competencia desleal desde a Deputación, xa que os veciños e o comercio de lugares limítrofes como Brión ou Teo vanse beneficiar duns descontos que non chegarán a Ames".

Pasividade do alcalde e o equipo de goberno

Ademais, tampouco comprenden "a pasividade do alcalde e do equipo de goberno, que semellan conformarse con unha decisión arbitraria da Deputación que perxudica claramente ó comercio e ós veciños do municipio".

Resposta dos socialistas

O grupo socialista respondeu a esta cuestión alegando que, «se o PP mostrase a mesma contundencia e nivel de esixencia co Goberno galego que mostra ca Deputación, hoxe Ames non estaría excluído das axudas a infraestruturas deportivas da Consellería de Deportes, por superar os 30.000 habitantes». E que, «os arranxos da presa da Ponte Maceira non serían cualificados como nin prioritarios nin urxentes pola Consellería de Medio Ambiente, a EDAR de Sisalde estaría ampliada e Ames recibiría máis recursos de cooperación local».

Tracking Pixel Contents