Rois lanza un programa para promover a actividade física entre os maiores de 60 anos
'Adestra a túa saúde' é unha iniciativa promovida pola Xunta
O promotor deportivo municipal atenderá as persoas derivadas dende o centro de saúde e lles preparará un plan de exercicio personalizado

Os derivados dende o centro de saúde serán atendidos polo promotor deportivo municipal. / Cedida
O Concello de Rois aposta pola prevención e o envellecemento activo poñendo en marcha un novo programa: Adestra a túa saúde. Unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo mellorar o benestar das persoas maiores de 60 anos mediante a práctica regular de actividade física.
A través deste programa, as persoas sedentarias de máis de 60 anos serán derivadas dende o centro de saúde ao promotor deportivo municipal. Este realizará unha avaliación individualizada do seu estado físico e elaborará un plan de exercicio personalizado, adaptado ás necesidades e capacidades de cada persoa participante e atendendo ás instalacións e recursos existentes no municipio de Rois e na súa contorna.
Martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas
O seguimiento dos participantes realizarase durante nove meses coa idea de incorporar o exercicio físico aos seus hábitos cotiáns. O promotor deportivo atenderá as persoas participantes no multiúsos de Rois os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas.
Estas citas fixaranse só dende o centro de saúde, polo que a Administración local recomenda consultar co médico de familia no caso de algunha persoa queira beneficiarse do programa.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos