“Os Venres na Capela” continúa en Arzúa cunha nova cita de narración oral e música ao vivo
Tarabela Creativa chega este venres coa comedia negra «Vaites, rapariga!», protagonizada por Carmen Conde e Su Garrido Pombo

Función do Talía Teatro para público adulto celebrada o pasado 10 de outubro na Capela da Madanela / Cedida
El Correo Gallego
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa este venres coa programación “Outono a escena”, unha proposta que pretende dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións para todos os públicos.
Nesta segunda cita do ciclo “Os venres na capela”, o público adulto poderá gozar do espectáculo “Vaites, rapariga!”, da compañía Tarabela Creativa, unha comedia negra que fusiona narración oral e música ao vivo.
A peza, protagonizada por Carmen Conde e Su Garrido Pombo, ofrece «historias do nor-oeste», relatos que lembran aos clásicos westerns pero trasladados ao Oeste galego, cun ton humorístico e cheo de retranca. A narración e a música dialogan en perfecta harmonía, creando unha experiencia escénica diferente e chea de forza feminina.
A función terá lugar este venres, 24 de outubro, ás 21.00 horas, na Capela da Madanela, e a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera