Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Unidade de Atención Temperá da Estrada amplia o seu servizo de 20 a 30 horas por profesional

Un total de 45 rapaces de ata 6 anos poderán gozar deste programa de forma gratuíta

Por áreas, 20 cativos están vencellados a terapia ocupacional, 22 á de psicoloxía e outros 22 á de logopedia.

Imaxe de arquivo da visita realizada ás súas instalación hai uns meses por Louzao e Goldar, no centro á dereita.

Imaxe de arquivo da visita realizada ás súas instalación hai uns meses por Louzao e Goldar, no centro á dereita. / Cedida

A Estrada

A Unidade de Atención Temperá da Estrada comezou traballar con horario ampliado, pasando das vinte horas semanais que viña realizando cada un dos seus profesionais ás trinta que dende este mes se prestan. Unha mellora que, segundo sinalan dende o Concello, permitirá que os seus empleados "cadren máis xuntos no servizo", así como "unha mellora da atención directa aos usuarios, ademais dunha mellor coordinación interna e cos servizos comunitarios (colexios, escolas infantís e pediatras, principalmente)".

Desta maneira, a edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, confirmou que cos cambios derivados da ampliación horaria, serán 45 os rapaces de ata 6 anos os que asistan a esta unidade. Por áreas, 20 deles están vencellados a terapia ocupacional, 22 á de psicoloxía e outros 22 a logopedia.

A pretensión da Administración local pasa por que aqueles cativos que xa viñan asistindo a esta unidade "poidan axustar o número de horas ás súas necesidades ou por que outros novos poidan incorporarse a esta atención".

Novos horarios

Así, o horario do servizo, que é totalmente gratuíto, variará ao longo da semana. Luns, martes e mércores a unidade funcionará de 08.00 a 19.00 horas, os xoves será de 08.00 a 14.00, e os venres, de 08.00 a 15.00.

Tracking Pixel Contents