Liberada unha muller tras unha colisión frontal en Padrón
No outro vehículo tamén houbo un ferido, o cal foi evacaudo por medios propios

Liberada unha muller tras unha colisión frontal en Padrón / ADC Bombeiros Boiro
O suceso ocorreu arredor das 19:45 horas, momento no que o 112 Galicia rexistrou este accidente de tráfico en Padrón. Polo que comentou o particular que informou, fora unha colisión frontal no quilómetro 74 da N-550, con posibles atrapados.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón e á Garda Civil de Tráfico.
A dotación de bombeiros, xunto cos membros do GES, tivo que facer uso do material de excarceración para liberar á persoa implicada, que foi atendida e trasladada polo persoal sanitario. No outro vehículo tamén houbo un ferido, o cal foi evacaudo por medios propios.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago