PATRIMONIO
O BNG alerta do "preocupante estado" da torre do campanario e do cruceiro da igrexa de Laxe
Piden á Xunta e ao Arcebispado de Santiago que subsanen os desperfectos

Gretas na torre do campanario da igrexa de Laxe. / Cedida
O BNG de Laxe remitiu unha carta á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e outra ao Arcebispado de Santiago para poñer en coñecemento de ambas institucións "o preocupante estado" no que se atopa o campanario da igrexa de Santa María da Atalia, da capital laxense, e tamén o cruceiro adxacente, "ámbolos dous declarados Bens de Interese Cultural (BIC).

Cruceiro situado no atrio da igrexa de Laxe. / Cedida
Os nacionalistas aseguran que a torre do campanario presenta "unhas gretas considerables que poderían provocar mesmo o derrubamento da mesma, ao igual que o cruceiro de estilo barroco, que se atopa nas inmediacións".
Por iso, o BNG solicita á Xunta e ao Arcebispado de Santiago "unha actuación o máis inmediata posible para a subsanación urxente da situación".
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo