ANIVERSARIO
Esperanza Vázquez é con 101 anos a quinta veciña máis veterana da Laracha
O alcalde agasallouna cunha placa conmemorativa no nome da Corporación local

Josefa Esperanza Vázquez, acompañada dos seus familiares, o alcalde e a concelleira. / C. L.
A quinta persoa máis veterana entre as case doce mil que residen no concello da Laracha cumpriu nesta semana 101 anos. É Josefa Esperanza Vázquez Castiñeira, coñecida como Pepa, natural de Paiosaco.
Naceu o 21 de outubro de 1924 e aínda reside nesa localidade, actualmente na rúa Porta Santa xunto ás súas fillas. O seu estado de saúde, e tamén a súa mobilidade, son excelentes para a idade que ten.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López, felicitaron a Josefa Esperanza na súa propia vivenda e agasallárona cunha placa conmemorativa en nome da Corporación municipal, ao tempo que lle desexaron moitos máis anos de vida. Ademais da homenaxeada, os representantes do Concello foron recibidos por unha das súas fillas, Elena de Rama, e o seu xenro José María.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen