Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

POLÍTICA MUNICIPAL

O PSOE da Laracha esixe solucións á falta de axentes da Policía Local

Solicitou a convocatoria urxente da xunta local de seguridade

Inés Ramos, voceira do PSOE da Laracha.

Inés Ramos, voceira do PSOE da Laracha. / Cedida

A Laracha

A voceira do PSOE da Laracha, Inés Ramos, solicitou a convocatoria urxente da xunta local de seguridade, debido ao que cualifica de «preocupante falta de efectivos da Policía Local».

Asegura que veñen observando «problemas crecentes na atención cidadá, no control do tráfico e na prevención de condutas incívicas, derivados da escaseza de axentes, unha situación que está a xerar inseguridade e preocupación entre a veciñanza», indica Ramos.

A voceira socialista subliña que «a seguridade cidadá é unha prioridade que require coordinación e resposta inmediata por parte de todas as administracións implicadas».

Por esta razón, o PSOE solicita que a xuntanza da xunta local de seguridade avalíe a situación e impulse «medidas efectivas que garantan unha presenza policial axeitada».

Tracking Pixel Contents