FORO URBANO
Ribeira e Carballo postúlanse como exemplos de innovación e sostibilidade
Conseguiron 6,5 millóns de euros cada un de fondos europeos para proxectos estratéxicos

A alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, segunda dereita, no Foro Urbano. / Cedida
Os concellos de Ribeira e Carballo participaron no terceiro Foro Urbano de España celebrado na Coruña. A alcaldesa ribeirense, María Sampedro, intercambiou coñecementos e experiencias arredor da Axenda Urbana e revindicou Ribeira como exemplo de innovación e sostibilidade.
A cidade "sempre apostou pola innovación, a sostibilidade e a transformación dixital", afirmou. Puxo en valor o modelo de planificación estratéxica a través de diferentes proxectos.
Ribeira Atlántica 2015, explicou, "marcou a folla de ruta para definir o futuro da cidade", dándolle continuidade co Máis Ribeira Atlántica apostando pola Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), ambos financiados con fondos Feder.
O novo paradigma que trouxo consigo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aplicados ao territorio impulsaron a Axenda Urbana de Ribeira Atlántica para, nos anos posteriores, financiar actuacións definidas no Plan de Acción Local da Axenda Urbana a través de Fondos Next Generation e optar a continuar avanzando na construción dunha cidade máis conectada, inclusiva e resiliente mediante Estratexias de Desenvolvemento Integrado Local Ribeira Atlántica coa mirada posta xa no 2030.
A mandataria local explicou ante os asistentes que a Axenda Urbana se fundamenta nuns obxectivos específicos como son incorporar políticas urbanas que posibiliten deseñar "o futuro dunha Ribeira Atlántica máis sostible económica, social e medioambientalmente" e aproveitar o coñecemento e sinerxías xeradas en canto a innovación, financiación, gobernanza e transparencia, contando cos actores civís, económicos e empresariais.
"É unha cidade que busca de forma sistemática e deliberada facer cousas novas ou facer as mesmas cousas de maneira diferente, plantexándose retos significativos e desafíos que aporten valor á cidadanía e á sociedade no seu conxunto e dándolles resposta a través de proxectos de innovación e desenvolvemento urbano", remarcou.
Ao longo dos últimos anos procedeuse á colocación de 9.000 puntos de luz LED, 8 plantas fotovoltaicas, a rehabilitación da casa consistorial, a reforma integral do conservatorio de Aguiño, pasos peonís intelixentes, baños públicos intelixentes e autolimpiables, cartelería dixital, programa WiFi4EU, a posta en marcha da Aula CeMIT e os contedores intelixentes refrixerados do mercado municipal, ademais de erixirse como Destino Turístico Intelixente coa plataforma de cidades Smart Cities.
"Sempre coa mirada posta nunha Ribeira intelixente, eficiente, turística e humana", concluíu a alcaldesa.
Mellora da gobernanza en Carballo
Pola súa banda, os concelleiros carballeses de Innovación, Formación, Emprego, Fondos Europeos e Axenda Urbana, Iván Andrade, e de Deporte, Mocidade e Captación de Recursos Públicos, Daniel Barreiro, subliñaorn que no caso de Carballo, a Axenda Urbana xa se ten manifestado como unha ferramenta de traballo e de mellora da gobernanza, pero tamén como un marco de financiamento.
De feito, o Concello vén de conseguir 6,5 millóns de euros dos fondos EDIL para acometer proxectos estratéxicos como o edificio de entidades sociais, un novo auditorio e a reforma da Praza do Concello foi posible por dispoñer dunha Axenda Urbana en vigor.

Iván Andrade, segundo pola dereita, no III Foro Urbano de España. / C. Carballo
Iván Andrade explicou o proceso de elaboración deste documento “estratéxico”, froito de dous anos de traballo, nos que se recolleron as achegas dos técnicos dos distintos departamentos municipais, dos grupos da corporación e tamén da sociedade organizada, a través das sesións celebradas con asociacións empresariais, ambientais, culturais, deportivas, sociais, veciñais, de nais e pais de alumnos.
Froito dese intenso proceso de participación, a Axenda Urbana de Carballo inclúe 55 accións “moi diversas, e con distintos niveis de prioridade”, centradas nos ámbitos social, do desenvolvemento sostible e da posta en valor do medio rural, engadiu Iván Andrade. O documento é accesible para toda a cidadanía a través da páxina web carballo.gal.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego