O Grupo de Goberno de Frades asistirá á protesta pola mellora da atención primaria no municipio
A concentración será o este sábado ás 12.00 horas, diante do centro de saúde de Ponte Carreira

A protesta terá lugar diante do centro de saúde de Ponte Carreira. / Cedida
O Grupo de Goberno de Frades, liderado polo alcalde Roberto Rey, asistirá á concentración pola mellora da atención primaria no municipio convocada para este sábado ás 12 horas, diante do centro de saúde de Ponte Carreira.
O rexedor manifestou que "o Concello é coñecedor do malestar existente coa atención que se presta", e que semanalmente "reciben queixas por incumprimentos de horario, cambio de citas concertadas ou atrasos á hora de prestar consulta ou expedir receitas, certificados ou informes solicitados".
Sobre estas queixas, explicou que "xa foron trasladadas varias veces á Xerencia de Santiago, así como ao responsable de zona, pero é cando nos din que non constan reclamacións dos pacientes neste sentido". Ademais, animou á veciñanza aos pacientes a "facer uso das canles establecidas polo SERGAS para que cheguen directamente aos servizos encargados de xestionar as reclamacións", e que en caso de non ter claro o procedemento para efectualas, "poden acudir ao Concello onde se lle prestará toda a axuda necesaria”.
Case 50.000 euros investidos nas instalacións
Neste senso, o mandatario lembra que “o Concello e Consellería vimos de investir case 50.000 euros na mellora do centro de saúde de Ponte Carreira e do consultorio de Abellá para garantir que as instalacións sanitarias cumpran todos os requisitos necesarios para que o persoal sanitario poida desenvolver o seu labor en condicións óptimas”.
Por outra banda, no que atina á atención do persoal facultativo, Rey indica que “a acción do Grupo de Goberno conseguiu poñer fin aos problemas que se viñan producindo nos últimos anos polas baixas da titular do consultorio de Abellá. Unhas baixas que agora son substituídas sempre por outro facultativo, cumprindo deste xeito o compromiso cos veciños de que se trataría de evitar a rotación de médicos, xa que os pacientes de Abellá sempre son tratados polo mesmo doutor substituto”
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados