TURISMO
Costa da Morte promociona en Soria o destino Starlight
Representantes da Asoción Astroturismo e da CMAT participan no encontro internacional

Integrantes da delegación de Costa da Morte no encontro internacional de Soria. / Cedida
A Asociación Astroturismo Costa da Morte participou no VIII Encontro Internacional Starlight celebrado en Soria. A entidade estivo representada pola súa presidenta, Yolanda Díaz, e pola vicepresidenta, Nieves Lema, e os monitores Starlight Charo Couto, Bego Brao e Antón Pazos.
Alí deron a coñecer o potencial da Costa da Morte como destino Starlight e compartiron experiencias con outras iniciativas que promoven un turismo sostible, responsable e de calidade, vinculado ao patrimonio natural e cultural. Participaron tamén nas ponencias formativas dedicadas ao Eclipse 2026.
No encontro tamén participaron a vicepresidenta da CMAT e alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e a directora de Promoción de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pita, reforzando o apoio institucional ao proxecto do Destino Costa da Morte Starlight.
Yolanda Díaz asegura que "a participación da asociación neste evento reforza o seu compromiso coa divulgación científica, o respecto pola natureza e o impulso dun turismo responsable e transformador".
Salienta ademais a importancia de "formar parte dunha rede que aposta pola conservación dos ceos como patrimonio común e pola cooperación entre territorios para avanzar cara a un modelo turístico máis sostible e inspirador".
Ademais, a asociación continuará participando activamente en actividades, encontros e proxectos que contribúan a fortalecer e potenciar o destino Costa da Morte Starlight, consolidando así o seu papel como referente no ámbito do astroturismo galego.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre