PROXECTO
Empresas de Carballo avanzan cara un sector turístico máis sostible
O programa C4S aposta por poñer en valor o patrimonio natural e cultural

Unha das sesións formativas do programa CS4 - Carballo. / C. C.
Empresas carballesas do sector turístico participan no proxecto C4S-Carballo pola sostibilidade, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo co obxectivo de conseguir "un turismo de calidade que xere valor no noso concello", como sinala o concelleiro da área, Xosé Regueira.
Nas dúas primeiras sesións formativas os participantes abordaron os conceptos chave de sostibilidade vinculados ao turismo e a súa dimensión ambiental. Por diante teñen outras dúas xornadas de traballo para afondar na dimensión social da sostibilidade e na súa integración na organización do negocio.
O programa C4S nace co obxectivo de facilitar e impulsar a integración da sostibilidade como factor diferencial e competitivo nos negocios locais do sector turístico de Carballo, poñendo en valor o patrimonio natural e cultural.
C4S é un programa de difusión, formación, asesoramento, acompañamento e empoderamento para promover e facilitar a transición sostible como fonte de vantaxe competitiva para negocios turísticos.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército