O BNG proporá un ‘Plan Baixo Ulla’ con 10 millóns de euros nos próximos dous anos
Ana Pontón anuncia a iniciativa na súa visita a Pontecesures
Ten como obxetivo desenvolver o territorio, rexenerar ecosistemas e crear unha Axencia do Clima e Meteoroloxía

Fotografía do BNG no Día Internacional contra o Cambio Climático en Pontecesures / Cedida
El Correo Gallego
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avanzou hoxe desde Pontecesures que o Bloque defenderá nos Orzamentos da Xunta de 2026 a inclusión do ‘Plan Baixo Ulla’, cun investimento de 10 millóns de euros nos próximos dous anos. A iniciativa pretende impulsar o desenvolvemento económico e social desta zona, así como promover a sustentabilidade ambiental e a rexeneración dos ecosistemas fluviais e ribeiregos.
Durante o acto celebrado con motivo do Día Internacional contra o Cambio Climático, Pontón explicou que o plan está articulado sobre diferentes liñas de actuación, entre as que destacou medidas para reducir a carga contaminante do río Ulla, planificar os solos empresariais, crear unha marca para o turismo de calidade e poñer en marcha unha iniciativa cultural que conecte a figuras vinculadas á comarca, como Seoane, Rosalía ou Castelao. Segundo sinalou, «esta é unha iniciativa importante para nós que imos levar aos Orzamentos da Xunta, onde imos propoñer que se invistan nos próximos dous anos 10 millóns de euros que permitan o desenvolvemento económico, social e de sustentabilidade do Baixo Ulla, unha zona que ten un valor moi importante e que necesita ese apoio por parte do Goberno galego».
Pontón tamén destacou propostas do BNG para facer fronte á emerxencia climática, como o denominado ‘Plan Ríos Rías’ para a rexeneración de ecosistemas fluviais e costeiros, a aposta por un monte multifuncional e a creación dunha Axencia do Clima e da Meteoroloxía. Sobre isto, afirmou que «en definitiva, ter máis instrumentos para enfrontar un dos grandes problemas que temos neste País e que ten a humanidade como é o desafío da emerxencia climática».
A líder nacionalista cargou contra as políticas do Goberno do PP, criticando que «lonxe de ter en conta o actual contexto de cambio climático, os proxectos do Goberno do PP son proxectos extractivistas que poñen en risco o coidado do medio ambiente». Pontón concluíu que «vemos a un Goberno da Xunta que non está sendo capaz de enfrontar o desafío que supón o cambio climático, ao contrario, as súas políticas son unha fábrica de cambio climático e están indo claramente na dirección contraria».
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Viveiros Compostela pone color a la Navidad: 'Cada año se vende más flor de Pascua
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento