EDUCACIÓN
Premio á excelencia de cinco estudantes do IES Fernando Blanco de Cee
A Fundación que da nome ao centro recuperou unhas distincións instauradas en 1886

Os cinco premiados cos asistentes ao acto celebrado no IES Fernando Blanco. / Cedida
Un ateigado salón de actos do IES Fernando Blanco, de Cee, acolleu a entrega do Premios Académicos Fernando Blanco aos mellores expedientes académicos do instituto, facendo honra ao disposto no primeiro regulamento do centro de 1886.
Unhas distincións que recuperou a Fundación Fernando Blanco de Lema no curso 2011-12, e que este ano recaeron en Aitana Castreje Traba, (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa); Sara Míguez Balbuena (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas); Aroa Miranda Ferrío (3º ESO); Pablo Taboada Prieto (1º Bacharelato) e Manuel Horazio Ozón Alaimo (1º Bacharelato).
Notas de 8,84 a 10
As notas dos premiados oscilaron entre o 8,84 e o 10. De feito, era requisito imprescindible ter tódalas materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5. Cada un dos premios está valorado en 500 € (280 € en metálico e 220 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).
Ao acto asistiron Isabel García Vila, inspectora de Educación, concelleiros das distintas formacións políticas, representantes dos establecementos colaboradores, integrantes do Padroado da Fundación, equipo directivo e profesorado do IES Fernando Blanco, ademais das familiares e alumnado de distintos cursos.
No acto interviron Belén Fernández, concelleira de Promoción Económica, Formación de Emprego, Novas Tecnoloxías e Redes Sociais; Darío Areas, secretario da Fundación; Sofía Crespo, directora do instituto; alumnos do centro e a inspectora de Educación, que foi a encargada de pechar o acto.
Un centro referente en Galicia dende o século XIX
Todos eles loaron a figura e o altruísmo de Fernando Blanco de Lema, froito do cal Cee conta cun dos centros educativos de referencia de Galicia dende finais do século XIX, que foi motor do desenvolvemento educativo, cultural e social da vila e da contorna.
A cerimonia estivo amenizada musicalmente polo dúo de clarinete e frauta formado por Martín Castiñeira e Marta Senlle, que interpretaron Libertango; do compositor arxentino Astor Piazzola; e alumnado de 2º da ESO acompañado do seu profesor Lucas Martínez, que presentaron On melanchology hill da película Gorillaz.
Os premios foron convocado pola Fundación Fernando Blanco de Lema e polo IES ao que dá nome. Contaron coa colaboración de varias entidades e firmas comerciais: Abanca, Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L. - Mapfre Seguros, Xeal, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport Dequip, Cabo Sport, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos