Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Río Ulla cede ao Concello da Estrada a praia fluvial de Liñares ata 2075

O goberno local xestionou os recursos económicos para acondicionar as instalacións

Gonzalo Louzao, á dereita, e Manuel Sanmartín, logo de firmar o convenio.

Gonzalo Louzao, á dereita, e Manuel Sanmartín, logo de firmar o convenio. / Cedida

Redacción

A Estrada

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla, Manuel Sanmartín, asinaron unha addenda ao convenio de cesión, en favor do Concello da Estrada, da parcela da praia fluvial de Porta Pousada, no curso do río Liñares, para asegurar o seu uso público ata o remate do ano 2075.

O documento foi rubricado logo de que os socios de Río Ulla tomaran o acordo de ampliar esta cesión por espazo de 50 anos.

Louzao explicou aos socios os motivos desta modificación do acordo, e sinalou a urxencia de facer un investimento importante na praia para que as instalacións estean á altura do que se agarda dun espazo xestionado por unha institución pública. O goberno xa xestionou os recursos económicos para facer fronte á actuación, e o requisito imprescindible é que exista un período mínimo de cesión de 50 anos.

Tracking Pixel Contents