A Xunta inviste 1,3 millóns de euros en melloras nos colexios de Teo
As obras en A Igrexa-Calo e nos Tilos buscan aumentar o confort e reducir o consumo enerxético

Fachada exterior do CEIP Plurilingüe Os Tilos / Cedida
El Correo Gallego
A Xunta de Galicia destina este ano 1,3 millóns de euros á rehabilitación de dous centros educativos de Teo, segundo destacou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, durante a súa visita ao Colexio A Igrexa-Calo, onde os traballos xa están executados nun 70%. Sobre o avance das obras, o conselleiro explicou que «esta obra vén dar un novo pulo a este centro educativo, que presentaba as problemáticas clásicas dun edificio que conta con máis de 50 anos de antigüidade». Engadiu que «ao mesmo tempo, incrementamos o confort diario para a comunidade educativa, tanto deste colexio como a dos Tilos».
A rehabilitación no colexio de Calo inclúe a substitución de máis de 1.000 metros cadrados de cuberta, a instalación de illamento térmico tipo SATE, a colocación de novas fiestras e portas con rotura de ponte térmica e dobre acristalamento, e a renovación de máis de 300 luminarias por luces LED de baixo consumo. Ademais, optimizáronse os espazos, renovouse a sinaléctica e o pavimento das escaleiras, e colocáronse falsos teitos con protección acústica en aulas, despachos e distribuidores.
No Colexio Plurilingüe dos Tilos, a obra de cambio de cuberta, cun investimento de 375.000 euros, xa está finalizada. Sobre o obxectivo destas intervencións, Román Rodríguez destacou que «ambas obras enmárcanse nunha das principais liñas de actuación do Plan de nova arquitectura pedagóxica, a mellora da eficiencia enerxética dos centros educativos, coa conseguinte reducción do consumo de luz e calefacción».
Estas actuacións buscan non só modernizar infraestruturas, senón tamén adaptar os espazos ás necesidades actuais do alumnado e profesorado, garantindo un mellor confort diario e unha maior eficiencia enerxética nos centros educativos do municipio.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre