Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSOE de Muxía denunciará ante a Valedora do Pobo que non se incluíran dúas mocións súas no último pleno

A formación presentará tamén unha queixa sobre o sistema de convocatoria de plenos

Iago Toba, portavoz municipal do PSOE de Muxía.

Iago Toba, portavoz municipal do PSOE de Muxía. / Cedida

Muxía

O portavoz municipal do PSOE de Muxía, Iago Toba, denuncia que o Executivo local, "apoiado polo BNG na súa decisión, optou por non incluír no último pleno dúas mocións que presentamos en tempo e forma para darlle voz ás familias e ANPA que así o acordaron nunha das varias reunións que tivemos con todas elas como parte das accións a levar a cabo".

Esta situación incomodou o equipo socialista, que considera "unha gran falta de respecto a unhas persoas que están loitando para conseguir mellorar as deficiencias e recortes educativos que tanto o Goberno autonómico como o municipal están a realizar nos centros escolares muxiáns".

Ante este feito, os socialistas decidiron denunciar o Goberno local, presidido por Javier Sar, ante a Valedora do Pobo, por non ter incluídas esas dúas mocións "como parte do impedimento de fiscalización que a oposición ten dereito a exercer sobre o Goberno, máis cando os afectados son rapaces e rapazas en idade escolar".

Ademais, na denuncia ante a Valedora do Pobo incluirase unha segunda queixa sobre o sistema de convocatoria de plenos do Goberno de Sar, "pois xa van varios plenos ordinarios que non se celebran sen previo aviso, tal e como se acordou na sesión de organización, e os extraordinarios veñen sen carácter de ordinario, incluíndo mocións e rogos e preguntas, incumprindo a lei que o obriga", sinala Toba.

“Sabemos que o Goberno de coalición de Javier Sar está cada vez máis arrinconado e desgastado e que se lle desmontan todas as mentiras, pero iso non pode ser escusa para que teña que cumprir coa lei e responder alto e claro das súas obrigas como alcalde, pois é a súa responsabilidade estar ao servizo da veciñanza e non esconderse e estar ausente”, dixo Iago Toba.

Tracking Pixel Contents