'Coas mans baleiras', do CEIP San Vicenzo de Vimianzo, gaña os Premios Fouciño de cinema na categoría escolar
Os galardóns do público foron para 'Maltrix', de Sandra Ramilo, e 'A verdade que calamos', do IES Isidro Parga Pondal de Carballo

Autoridades, xurado e galardoados cos Premios Fouciño 2025. / Cedida
A Praza Jorge Mira de Baio (Zas) acolleu este sábado a entrega dos Premios Fouciño, o primeiro certame de curtametraxes da Costa da Morte, que este ano alcanza a súa quinta edición.
Tras a proxección das curtametraxes, o xurado decidiu por maioría que “pola súa mensaxe (unha reflexión sobre a identidade, os coidados e habitar corpos nunha sociedade hostil) e por unha sobrecolledora posta en escena, unha dirección de arte e fotografía espectaculares e unha banda sonora inspirador” o premio da categoría xeral fose para Pupa, de Antía Carreira.
No tocante á categoría escolar, “pola utilización do cinema como recurso educativo para a creación dos espectadores, espectadoras e profesionais da creación do futuro, tanto polo traballo colectivo do alumnado, como pola implicación absoluta do centro á hora de apostar pola educación audiovisual desde a base”, o premio do xurado recaeu no proxecto Coas mans baleiras, do CEIP San Vicenzo de Vimianzo.
O público tamén emitiu o seu veredicto: o seu premio na categoría xeral foi para Maltrix, unha peza de Sandra Ramilo que tivo a súa estrea mundial nos Premios Fouciño. Na categoría escolar o centro escollido foi o IES Isidro Parga Pondal, de Carballo, pola súa proposta A verdade que calamos.
Alén disto, o premio do concurso de escaparates feito en colaboración cos comerciantes da zona a través de BaiON recaeu en Calzados Paco home. O premio consiste nunha estadía de fin de semana no Hotel Literario Bela Fisterra. O premio honorífico, o Fouciño de Honra, foille entregado á anterior organización do certame.
Os demais galardóns consistiron nun trofeo e un premio económico de 1.000 € para a categoría xeral, 500 € para a escolar e un premio do público de 150 € para cada categoría.
Na gran festa final contouse cun showcase de Xian Pais e actuaron Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Tonita, conformando un cartel que aposta polos novos talentos e a música en galego.
Os Premios Fouciño de cinema naceron coa intención de dinamizar Costa da Morte achegando unha programación innovadora e vangardista a un concello rural como é Zas.
Desde a primeira edición, os Fouciño convertéronse nun importante punto de encontro do sector e fixéronse un oco dentro do panorama audiovisual galego. Logo do éxito da derradeira edición, os Premios Fouciño, primeiro certame de curtametraxes da Costa da Morte, chegaron á súa quinta edición co obxetivo de volver levar o mellor do cine galego de cada ano a Baio.
O certame está organizado pola Asociación Cultural Premios Fouciño e o Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre