Unha empresa asentada en Ames fabrica material médico para cirurxía xeral, uroloxía e xinecoloxía
O alcalde, Blas García, visitou as instalacións de TAGG Worldwide, unha das firmas máis importantes do mundo no seu sector

García, Paz e Señorís, esq., na súa visita a TAGG Worldwide. / Cedida
Redacción
A empresa de material sanitario TAGG Worldwide (Conic Vascular forma parte desta entidade), situada fronte ao paseo fluvial de Bertamiráns, está producindo no concello de Ames novo material médico para as áreas de xinecoloxía, uroloxía, cirurxía xeral e outras áreas médicas.
Así o puideron comprobar o alcalde de Ames, Blas García, e as concelleiras de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e de Promoción da Saúde, Susana Señorís, na visita feita ás instalación de dita empresa, que é unha das máis importantes do mundo no sector do deseño, desenvolvemento e fabricación de dispositivos médicos.
Nesta xornada tamén participaron importantes doutores e directores de empresas doutros países, como Tom Gordy, CEO de CAST Surgical e de TAGG Worldwide, empresa americana de Atlanta; Antoine Keller, cardiólogo torácico de New Orleans; Farinaz Seifi, xinecóloga de Washington; Javier Magrina, xinecólogo da Mayo Clinic Arizona; e Vadim Morozov de Washington D.C.
Todos eles foron recibidos por Sergio Parente, director comercial e executivo de CAST Surgical e TAGG Worldwide.
Blas García destacou que «é unha gran noticia que unha empresa de referencia internacional como TAGG Worldwide aposte por producir en Ames. Este tipo de proxectos sitúan o noso concello no mapa da innovación e da industria sanitaria de vangarda».
«Conic Vascular é unha empresa á vangarda no mapa da innovación e da produción na industria sanitaria e dende este concello non podemos estar máis contentos de que sexa embaixadora de Ames no mundo enteiro», sinalou finalmente o mandatario amesán durante a súa visita á empresa.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo