Ames acolle un encontro con tres mulleres defensoras de dereitos humanos do programa Galicia Abriga
A actividade, aberta á veciñanza, celebrarase mañá ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello

Desde a esquerda: Milagro Alvarado, Ana Donis e Juventina López / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Ames organiza mañá un acto aberto á veciñanza para coñecer a tres mulleres defensoras de dereitos humanos que participan no programa Galicia Abriga: Milagro Alvarado, Juventina López e Ana Donis. A cita será ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, onde as participantes compartirán as súas experiencias na defensa da xustiza e dos dereitos das mulleres en El Salvador e Guatemala.
O programa Galicia Abriga, impulsado por Solidariedade Internacional de Galicia, Agareso e Ecos do Sur, conta co apoio da Xunta de Galicia, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do programa europeo Protect Defenders e dos concellos de Ames e Oleiros. A iniciativa ofrece un espazo temporal seguro para activistas de países con presenza da cooperación galega, co obxectivo de fortalecer o seu benestar e o seu labor social.
A concelleira de Igualdade, Uxía García, salientou que «Ames é un concello solidario, como amosan numerosas iniciativas e programas impulsados dende a Administración local». Engadiu que, neste caso, «asinouse un convenio con Solidariedade Internacional de Galicia que permite colaborar co programa Galicia Abriga mediante unha achega de 2.000 euros para facilitar unha estadía segura e enriquecedora».
As tres participantes —Juventina López, lideresa comunitaria maya Mam; Ana Donis, avogada de Mulleres Transformando o Mundo; e Milagro de la Paz, coordinadora da Colectiva Feminista do Salvador— compartirán co público as súas vivencias e o seu compromiso coa defensa dos dereitos humanos e a igualdade de xénero.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos