A Estrada inaugura a exposición “Avelina Valladares. Dona de seu” na Casa das Letras
Forma parte do Ano Cultural 2025 e homenaxea o bicentenario da escritora cun percorrido pola súa traxectoria e a súa obra

Retrato de Avelina Valladares elaborado por Rosa de Cabanas / Rosa de Cabanas
El Correo Gallego
A Casa das Letras da Estrada acollerá este xoves ás 19.00 horas a inauguración da mostra “Avelina Valladares. Dona de seu”, unha exposición que se enmarca no Ano Cultural 2025 e co que o concello quere homenaxear o bicentenario da escritora de Vilancosta.
Comisariada por Xesús Domínguez, a mostra reúne fondos do fotógrafo Tono Arias, da ilustradora Rosa de Cabanas, de Hortensia Iglesias, do arquivo familiar Ferreirós Domínguez, do Museo do Pobo Estradense, Editorial Galaxia e a Fundación Penzol.
A exposición propón un percorrido polo contexto, a traxectoria e a obra dunha autora que García Barros bautizou como “Cantora da Ulla”. Nela amósase tamén a súa faceta musical e artística, ademais da poética, cunha produción que rolda os 50 poemas, varios deles en galego.
O acto contará coa presenza do alcalde Gonzalo Louzao, do secretario xeral da Lingua, Valentín García, e da familia Valladares. Segundo explicou Domínguez, o obxectivo é que «Avelina Valladares ocupe o lugar que merece na cultura galega, con nome e rostro propios».
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen