O BNG reclama o traspaso do tramo abandonado Fraiz-A Moniña a Ames para transformalo nunha senda verde
O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, visitou o municipio acompañado da voceira local da organización, Escarlata Pampín, e o resto de ediles da organización

Néstor Rego, no centro á esquerda, xunto Escarlata Pampín, no centro, e o resto de ediles do BNG en Ames / Cedida
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visitou Ames acompañado pola voceira municipal da organización, Escarlata Pampín, e o resto de ediles do BNG na corporación para demandar ao Ministerio de Transportes o traspaso do tramo ferroviario abandonado Fraiz-A Moniña ao Concello e transformalo nunha senda verde peonil.
"O que no seu momento foi unha infraestrutura de transporte estratéxica, converteuse nun antigo camiño de ferro en progresivo deterioro que está completamente abandonado" sinala o nacionalista. "A recuperación deste tramo ferroviario como senda verde axudaría a impulsar un modelo de desenvolvemento máis respectuoso co medio, en coherencia coas políticas da Axenda 2030 que apostan pola mobilidade sustentábel, ademais de promover a rehabilitación do patrimonio en desuso", engade.
Rego incidiu tamén na creación de itinerarios para a mellora do tránsito peonil, unha medida que "contribúe á mellora da calidade de vida, á promoción de hábitos saudábeis e á posta en marcha de alternativas de mobilidade non contaminantes", defende.
Dende o BNG manifestan que tanto o Ministerio de Transportes como o Concello de Ames "deben comprometerse con este proxecto e iniciar as solicitudes pertinentes reclamando o traspaso".
Acordo entre BNG e PSOE
Por outra banda, Pampín lembra que esta actuación "foi unha iniciativa da organización nacionalista que formaba parte do acordo entre o BNG e o grupo de goberno amesán-o PSOE- para a aprobación definitiva dos Orzamentos municipais", e que, "nada se sabe sobre as xestións que o goberno municipal realizou sobre o tema".
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército