O Estado honra a memoria de José Esperante, o mazaricán asasinado en 1963 cando defendía o monte veciñal
Morreu por disparos da Garda Civil cando protestaba polo plan de incautación do franquismo para repoboación

Diante, Julio Abalde, 2º pola esquerda, e Pedro Blanco, 4º, con Carmen, Argimiro e Manuel, fillos de José Esperante; detrás representantes do Ingateco, no acto celebrado na Coruña. / Cedida
José Esperante París, coñecido como Che de Pedro, foi un labrego da parroquia de Eirón, en Mazaricos, asasinado o 22 de xaneiro de 1963 por disparos da Garda Civil cando defendía o monte veciñal fronte á incautación que pretendía o réxime franquista para repoboación forestal.
A súa morte, e as feridas doutros tres veciños, convertéronse nun símbolo da loita labrega pola defensa das terras comunitarias e da resistencia fronte á represión franquista no rural galego. Cada ano, a comunidade local e o Instituto Galego das Terras Comunitarias (Ingateco) lembran o seu legado no Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal.
Nun acto celebrado este luns na sede da institución que preside, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, entregou a Declaración de Recoñecemento e Reparación Persoal en memoria de José Esperante París. «A memoria democrática é un piar da nosa democracia; recoñecer a quenes foron perseguidos pola ditadura é un deber moral e democrático, un compromiso de non repetición e de xustiza», sinalou Blanco.
Ao acto asistiron tamén o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e representantes do Ingateco (que promoveu a solicitude do recoñecemento), co seu presidente, Claudio Quintillán, á fronte. A declaración foille entregada a Carmen, Argimiro e Manuel, fillos de José Esperante.
Un lugar na historia
O delegado do Goberno engadiu que «houbo persoas como José Esperante que, por defender o seu territorio e o seu medio de vida, foron perseguidas e asasinadas pola ditadura».
«Esta reparación serve tamén para devolverlles a palabra, a memoria e o lugar na historia que lles corresponde a todos eses labregos e labregas que loitaron polos montes veciñais fronte ás repoboacións forzosas do réxime franquista», sinalou.
Asimesmo, destacou que «recoñecer a Esperante é tamén honrar a dignidade dun pobo enteiro que non se dobregou ante a inxustiza» e agradeceu «o traballo e o compromiso do ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, por liderar a aposta por avanzar nos procesos de reparación e memoria, que devolven dignidade ás vítimas e fortalecen a nosa democracia».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo