Rois estreará concurso de tapas do 7 ao 23 de novembro
Os premios para os establecementos participantes, nove en total, inclúen 300, 250 e 150 euros e placas acreditativas
Haberá un sorteo de tres vales de 100 euros para os adultos asistentes

O alcalde, Ramón Tojo, presentou o certame con cinco hostaleiros roisenses. / Cedida
O I Concurso de tapas Rois nun bocado!, foi presentado este luns polo alcalde Ramón Tojo e cinco dos hostaleiros cuxos negocios participarán no certame. Esta iniciativa promovida polo Concello busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, dinamizar a vida social e fomentar a cultura das tapas no municipio.
A actividade terá lugar do 7 ao 23 de novembro. As tapas (cada local inscrito presentará soamente unha) terán un prezo de 2 euros e os clientes que degusten polo menos tres en dúas zonas diferentes poderán participar nun sorteo de tres vales de 100 euros. En total, participarán nove establecementos hostaleiros e de restauración roisenses (bares, cafeterías e restaurantes).
Onde se poderán degustar as receitas?
Cada fin de semana poderanse degustar tapas nas tres zonas establecidas: na primeira, en Urdilde, do 7 ao 9 de novembro, no Hotel Camiño do Mar e na Casa rural Fogar do Selmo; na segunda, en Augasantas, do 14 ao 16 de novembro, na Taberna Angueira e o Restaurante Casa Benjamín; e na terceira, que inclúe Oín, Rois, Seira e Sorribas, do 21 ao 23 de novembro, no Café-bar A Lúa, Café-bar Malecón, Taberna O Pemento, Bar Muelle Rois e Restaurante Val de Rois.
Todos os presentes no acto de presentación coincidiron en que este certame servirá para "promocionar a nosa gastronomía e os nosos produtos e para dar a coñecer a variada oferta que temos en Rois”.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo