Abraham Cupeiro e Ramiro Varela, gañadores dos Premios San Martiño á normalización lingüística
Os galardóns que impulsa o Concello da Estrada premian o uso e defensa do galego nos ámbitos comarcal, galego e durante toda unha vida
A entrega realizarase o vindeiro 11 de novembro, ás 20.00 horas, no Teatro Principal.

O experto en Medicina Ramiro Varela Cives, á dereita, é un dos gañadores. / Cedida
Abraham Cupeiro e Ramiro Varela son os vencedores dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística, promovidos polo Concello da Estrada. A entrega realizarase o vindeiro 11 de novembro no Teatro Principal, ás 20.00 horas.
Estes galardóns conmemoran o traballo a prol da lingua galega en tres ámbitos: na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, no ámbito galego e no contexto de toda unha vida. O xurado estivo conformado por Lucía Seoane Rosende, Iván Sanmartín Eirín, José Parada Caramés, Henrique Vázquez Pernas, Xosé Lueiro Lemos e María Sanmartín Ruzo, esta última exercendo como secretaria.
O premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes recaerá no programa de dinamización lingüística e cultural O Recuncho da Lingua, emitido dende hai seis anos pola emisora municipal Radio Estrada, dentro do seu programa Ensaiar é de covardes.
O premio San Martiño á normalización lingüística no ámbito galego será este ano para o lugués Abraham Cupeiro. Construtor, musicólogo e multinstrumentista, está especializado na recuperación de instrumentos ancestrais que utiliza para crear novas sonoridades.
Finalmente, o galardón a toda unha vida de defensa do galego recaerá no doutor estradense Ramiro Varela Cives. Iniciou a súa traxectoria como cirurxián pediátrico, ademais de exercer o papel de profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela. Leva publicados máis de 100 artigos en revistas nacionais e internacionais e presentado máis de 20 ponencias en congresos de todo o mundo.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre