Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Cámara Oficial Mineira de Galicia inaugura en Boqueixón a mostra 'Tesouros da Terra'

A exposición, composta por oito paneis informativos, estará ofrecida na praza de Lestedo ata o 7 de novembro

O acto de inauguración da exposición tivo lugar esta mañá.

O acto de inauguración da exposición tivo lugar esta mañá. / Cedida

Boqueixón

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) inaugurou esta mañá en Boqueixón a exposición urbana itinerante Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo, unha mostra que propón un percorrido divulgativo por 2.500 anos de historia mineira na comunidade galega. A iniciativa forma parte das actividades conmemorativas polo Centenario da entidade, que celebra este 2025 cen anos de labor ao servizo do sector mineiro galego.

A exposición, composta por oito paneis informativos, pode visitarse na praza da feira de Lestedo ata o 7 de novembro. As súas pezas reflicten a historia da minería en Galicia desde os antigos fenicios, pasando pola época romana, ata a actualidade, trasladando o seu importante papel na transformación da economía e a cultura da rexión. A través de oito tótems divulgativos, a mostra explora as distintas etapas da actividade mineira na comunidade, que comezou coa minería aurífera nos séculos I e II, cando Galicia, antes Gallaecia, recibiu o seu nome por mor das súas abundantes minas de ouro.

A responsable da Oficina Técnica da COMG puxo en valor a relevancia histórica e xeolóxica do municipio, estreitamente ligada á actividade mineira: “Boqueixón é un dos lugares máis representativos do vínculo entre a terra e a minería en Galicia. É unha testemuña xeolóxica de millóns de anos e o punto de partida dunha actividade que forma parte da nosa identidade colectiva”.

Tracking Pixel Contents