Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Carballo reurbaniza a rúa Compostela cunha axuda de 211.000 € da Deputación

O obxectivo é mellorar a accesibilidade e a calidade urbana

A obras centraranse na rúa Compostela, en Carballo.

A obras centraranse na rúa Compostela, en Carballo. / Francisco José Suárez Fernández

Carballo

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación o proxecto de reurbanización da rúa Compostela (DP-1914), en Carballo, no tramo comprendido entre a rotonda da Milagrosa e o cruce coas rúas Emilio González López e José María Castroviejo, cun orzamento de 211.266 €.

O obxectivo é mellorar a accesibilidade e a calidade urbana desta vía, adaptándoa á normativa vixente e creando novos espazos de convivencia e lecer para a veciñanza. O proxecto contempla beirarrúas máis amplas, de polo menos 1,95 metros de ancho, a eliminación da zona de aparcamento na marxe esquerda e a creación de zonas verdes na marxe dereita, que permitirán dispoñer de novos espazos de lecer.

A intervención inclúe tamén a renovación integral das redes de servizos urbanos, como o saneamento de fecais e pluviais, o alumeado público e as telecomunicacións. A actuación completarase coa colocación de nova sinalización horizontal e vertical, así como coa instalación de mobiliario urbano e elementos vexetais, entre os que destacan árbores, novas papeleiras e a substitución dos cobertores de contedores actuais.

As empresas interesadas en acometer as obras teñen de prazo ata o 19 de novembro para presentar as súas ofertas. O tempo previsto de execución dos traballos é de 6 meses.

Tracking Pixel Contents