ACCIÓN COMUNITARIA
Catro entidades veciñais de Mazaricos e do Barbanza reciben axudas da Xunta
O colectivo O Souto de Arcos inviste 12.000 € na reforma do seu local social

Belén do Campo cos directivos da asociación veciñal O Souto de Arcos, de Mazaricos. / X. G.
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou a sede da asociación de veciños O Souto de Arcos (Mazaricos), beneficiaria das axudas do Plan específico de acción comunitaria de 2025.
A entidade conta con 69 socios e é a principal dinamizadora da vida parroquial. Organiza reunións, cursos, charlas, ximnasia, excursións e festas veciñais. Para o desenvolvemento da súa actividade ten o dereito a uso da Casa-Escola da Curra, un local social no que investiron os case 12.000 euros da axuda recibida para o cambio de cristais das fiestras, da porta principal para facer posible o acceso das cadeiras de rodas, o illamento en paredes e pintura interior, a reparación da instalación eléctrica e das gretas, e a limpeza e pintado da fachada exterior.
Do Campo apuntou que en Galicia medran os proxectos impulsados en 2025, con 454 actuacións fronte ás 341 de 2024, dos cales 72 proxectos son da provincia da Coruña. Informou que, ademais da asociación de veciños O Souto, tamén resultaron beneficiarias outras tres entidades da comarca do Barbanza: a comunidade veciñal de augas da parroquia de Xuño, de Porto do Son; o colectivo veciñal A Cubeliña da Pobra do Caramiñal; e a comunidade de usuarios de auga de Corrubedo, de Ribeira. As achegas concedidas a todas elas suman máis de 44.000 euros.
O Goberno galego quere dar así resposta á elevada demanda desta liña de axudas, para o que incrementou a dotación ata os 4 M€, un millón máis que en anos pasados.
Reunión co alcalde de Fisterra
A delegada da Xunta, Belén do Campo, tamén visitou o luns Fisterra para renunirse co alcalde, Luis Insua, para analizar os principais asuntos de interese para o municipio de cara ao remate da actual lexislatura, así como o estado das diferentes actuacións comprometidas pola Xunta neste concello.
Entre elas, interesouse polo estado das obras de ampliación do CEIP Mar de Fóra, nas que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP está a investir ao redor de 900.000 euros para a súa ampliación e mellora, co obxectivo de ofrecer unhas instalacións modernas e adaptadas ás necesidades do alumnado.

Luis Insua e Belén do Campo na xuntanza mantida en Fisterra. / MONCHO FUENTES
Así mesmo, falaron do Plan Camiña Rural 2025-2026, unha iniciativa que permite mellorar as infraestruturas viarias municipais de conexión de núcleos e facilitar o acceso ás explotacións agrícolas e gandeiras, para o que xa solicitou o anticipo de gasto.
Ademais, a delegada e o alcalde falaron sobre a posta en marcha da nova Casa do Maior que abrirá as súas portas proximamente neste municipio e que se unirá ás dúas xa existentes neste municipio, ofrecendo un espazo de atención e convivencia para as persoas maiores e contribuíndo a fixar poboación no rural.
Por outra banda, puxeron en valor o programa Aprol Rural, do que se veu beneficiado este Concello coa contratación de 3 traballadores para o desenvolvemento tarefas de prevención e mantemento dos espazos naturais do municipio contratados co apoio do Goberno galego.
A delegada tamén animou ao rexedor a solicitar, no próximo exercicio, as diferentes liñas de axudas da Xunta de Galicia, entre elas as de Administración Local: Infraestruturas, Fondo de Compensación Ambiental Competitivo, Fondo de Cooperación Adicional e fondos FEDER de eficiencia enerxética, co obxectivo de seguir mellorando os servizos e infraestruturas públicas de Fisterra.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago