Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Frades acada a débeda bancaria cero co seu remanente de Tesourería

Os cartos investíranse no local sociocomunitario de Ponte Carreira

Renovarán o aglomerado no acceso á igrexa de Aiazo e entre O Prado e AC-524

O pleno extraordinario de Frades onde acordaron acabar coa débeda bancaria

O pleno extraordinario de Frades onde acordaron acabar coa débeda bancaria / Concello

Frades

O pleno extraordinario do Concello de Frades celebrou este luns unha sesión na que aprobou un suplemento de crédito de 63.000 euros para amortizar a débeda bancaria que tiña o municipio debido á execución das obras de construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira. «Con esta amortización, o Concello de Frades queda con débeda bancaria cero e tampouco ten débeda ningunha con provedores», explica o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel Ferreiro Marzoa.

Este suplemento de crédito executarase con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais que, tal e como informou o alcalde Roberto Rey no primeiro punto da sesión, ascende a 241.910,66 euros. Un dato procedente da Liquidación do Exercicio 2024, do que se deu conta ao inicio do Pleno e que recolle que o Concello de Frades cumpre cos criterios de estabilidade orzamentaria.

POS+Adicional 4/2025

Finalmente, o pleno aprobou por unanimidade a participación do Concello de Frades no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+ Adicional 4/2025, punto que motivou esta convocatoria extraordinaria. Roberto Rey explicou que a Frades correspóndenlle 177.240,15 euros, dos que algo máis de 107.000 euros serán destinados a dous proxectos de obras: o aglomerado da pista de acceso á igrexa de Aiazo e o aglomerado da pista entre o cruce de O Prado (Papucín) e estrada AC-524. Os restantes 70.000 euros destinaranse a gasto corrente: «mantemento de accesos a núcleos de poboación, limpeza de cunetas e bacheo», segundo Roberto Rey.

Tracking Pixel Contents